Os Encontros de BD de Santo Tirso contarán por segundo ano consecutivo coa presenza de autores galegos

Santo Tirso chama a Galicia

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Kike Benlloch e Hugo Covelo explicarán a súa experiencia á fronte do fanzine “Barsowia” nunha mesa redonda que se celebrará no marco dos III Encontros de BD de Santo Tirso. Organizados baixo o lema, “Outros mundos outros formatos”, este encontro inclúe tamén unha exposición de fanzines entre os que se poderán ver varios dos editados no noso país. O encontro xa contara o pasado ano coa presenza de responsables de “BD Banda” ademais de acoller unha mostra desta publicación canda a exposición “H2Oil”. Varios dos membros da Associação Cultural Tirsense visitaron as últimas Xornadas de Ourense e manteñen contacto regular co noso país.

Máis información nos nosos artigos

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Kike Benlloch, Culturagalega, Barsowia, BD Banda...