Pontevedra atopa novos restos e Vigo negocia para mudar as ruínas dunha fábrica romana en museo

Achados debaixo das rúas

8/6/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Hoxe conclúe en Pontevedra a sondaxe arqueolóxica realizada na rúa Cobián Roffignac e Pai Amoedo con resultados máis fructíferos do agardado. Os investigadores atoparon restos da Porta de Santa Clara, que é a segunda entrada da muralla medieval. Mentres, en Vigo, a consellería de Cultura ultima a negociación co propietario do solar no que se atopou unha factoría de salazón de peixe da época galaico-romana (datada no século III) para crear un museo. Que os terreos sexan de titularidade pública é a condición previa imposta pola Dirección Xeral de Patrimonio para converter o achado nun museo.

Máis información sobre as prospecións en Pontevedra no Diario de Pontevedra e sobre o posible museo vigués en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Vigo, Diario de Pontevedra, Dirección Xeral de Patrimonio...