Os promotores do proxecto da fábrica Massó de Cangas invitan a Foster a colaborar no proxecto

Fábricas de balea

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
As instalacións da antiga factoría conserveira Massó de Cangas converteranse nun porto deportivo, nun gran hotel, nunha urbanización de 750 vivendas e no futuro museo da balea. Pero o grupo promotor desta iniciativa pretende que sexa un fito arquitectónico da costa galega, por iso convidou onte a Norman Foster para que se implicara no proxecto. Segundo publica hoxe La Voz de Galicia, o prestixioso arquitecto británico está moi sorprendido polo proxecto e o Faro de Vigo apunta unha posible colaboración. Foster xa deseñou para Galicia o proxecto fallido das torres de comunicación do Pedroso encargado polo Concello de Santiago.

Máis información en La Voz de Galicia e no Faro de Vigo

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cangas, La Voz de Galicia, Faro de Vigo, Concello de Santiago