Edições ArcosOnline.com leva a Portugal a celebración do Día das Letras coa publicación da novela dunha escritora galega

O Día cruza a raia

A editorial lusa insire no territorio portugués a celebración do Día das Letras Galegas publicando nesa data unha novela da escritora Concha Rousia. “As Sete Fontes” é o título da obra que será publicada en formato dixital a través do sitio web da editorial Edições ArcosOnline.com entre os días 16 e 17, e pasará entón a estar dispoñible de balde en Internet. Máis ao norte e xa en terras galegas, O Centro Cívico do vigués barrio de Teis ten preparado un extenso e variado programa de actos culturais para a conmemoración das Letras. Desde o venres 13 ata o día 21 sucederanse diversas actividades de teatro, audiovisuais, música, danza e lingua e literatura.

Máis información no sitio de ArcosOnline.com
e en Faro de Vigo