Tres danzas da provincia de Pontevedra son declaradas de Interese Turístico Galego

Danzas turísticas

No concello de Cangas celébranse ao longo do ano tres danzas ancestrais con motivo doutras tantas festividades relixiosas. En xaneiro para celebrar o San Sebastián (20 de xaneiro), en agosto pola festa do San Roque e en setembro polo día grande da parroquia. As tres danzas coas que se celebra estas datas son singulares, contan xa non só cunhas coreografías moi antigas senón taén por unha vestimenta coidada e moi pouco usuais dentro da tradición do folclore. A súa peculiaridade acáballes de valer a declaración de Interese Turístico Galego.

Máis información nas edicións de hoxe de Diario de Pontevedra e no Atlántico Diario