Santiago podería acoller o novo Museo Nacional de Arquitectura

Arquitectura con m

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Sen solicitalo, Santiago pode ser unha das tres sedes que terá o novo Museo Nacional de Arquitectura. O presidente da Chunta Aragonesista Bizén Fuster presentou ante a Ministra de Vivenda un proxecto no que se optase por un modelo de museo con varias localidades que amosaran unha diversidade de espazos e riqueza arquitectónica. As tres cidades que a Chunta propuxo son: Zaragoza, Barcelona e Santiago porque ofrecen tres modelos arquitectónicos diferentes. Agora, Sánchez Bugallo xa ten afirmado que tentará conseguir que o proxecto saia adiante. O primeiro escenario será o luns 9 na xuntanza que terá en Madrid coa ministra de Vivenda, María Antonia Trujillo.

Máis información en El Correo Gallego, La Voz de Galicia e Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arquitectura, Galicia Hoxe, La Voz de Galicia, El Correo Gallego...