Un informe cuantifica no 40% o gasto das universidades galegas polo fracaso estudiantil

Títulos dubidosos

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (Acsug) vén de presentar un informe titulado “Análise dos custos da calidade: indicadores do sistema universitario de Galicia” no que dá conta do que custa a calidade. Entre outros resultados o informe establece que o 29% dos fondos públicos asignados pola administración se empregan en financiar o atraso dos estudantes en rematar as súas titulacións. En canto a recursos humanos a media establece 17 alumnos por profesor. Son algúns dos indicadores nos que se mide a calidade, obxectivo último das universidades dentro do novo marco europeo. Un marco que pon en dúbida a continuidade de diversos títulos e que cuxo catálogo debe decidir o Ministerio de Educación.

Máis información sobre o informe La Voz de Galicia, e en El Correo Gallego sobre a reforma do catálogo de titulacións

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, Ministerio de Educación, El Correo Gallego, La Voz de Galicia...