Galicia sitúase no cuarto lugar en calidade educativa do estado mentres se implantan os novos ciclos de deseño

Cuartos e de moda

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O polémico informe PISA, que situaba os escolares españois coma uns dos peor preparados do mundo desenvolvido, é ben mais benévolo con Galicia. Os estudantes da nosa Comunidade Autónoma ocupan o cuarto posto a nivel estatal na súa preparación con 501 puntos, o que os sitúa mesmo por riba da media da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento económicos. A publicación destes datos coinciden co anuncio da implantación de novos estudos superiores de deseño no país. Moda en Compostela, Interiores na Coruña, Deseño Gráfico en Lugo e Deseño de Produtos en Ourense completan a nova oferta, que se impartirá nas escolas de arte destas cidades.

Máis información en Galicia Hoxe e en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: Debut 2012

Quiosco: Debut 2012

A publicación anual dos Estudos Superiores de Moda ofrece as creacións dos alumnos

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Moda, Escolas, La Voz de Galicia, Galicia Hoxe...