Esta edición do Festival Celta de Ortigueira comeza a tomar forma. AÃnda que non se avanza o programa oficial, que se mantén nas mesmas liñas xerais, o Concello vén de anunciar as principais novidades. Por unha banda que Javier Mariscal (Valencia, 1950), creador da mascota das OlimpÃadas de Barcelona, será quen deseñe o cartel do evento. Pola outra, que o certame terá un dÃa máis de duración (do 7 ao 10 de xullo) e que será o público quen escolla ao grupo que máis lle guste sobre o escenario. Unha elección que se fará entre as bandas noveles que se presenten ao concurso que convocou o concello de Ortigueira para descubrir novos talentos. O prazo remata o vindeiro 15 de abril.
Máis información en La Voz de Galicia e no web do Festival