O pazo de Congresos e de Exposicións acolleu onte a celebración do Festival Encontro das culturas. Tratábase do preámbulo dun evento que pretende converter a Galicia na capital mundial da concordia. Polo menos durante os meses de abril e maio, que é cando se sucederán os nove congresos que forman parte do programa da “Conferencia Mundial para a paz e a solidariedade”. En total uns trescentos relatores entre os que destaca o último premio Nobel, Wangai Maathai. O evento, que comezará o vindeiro dÃa 14 de abril, está patrocinado pola Xunta, auspiciado pola ONU e a UNESCO, conta coa participación do Consello da Cultura Galega, as tres universidades galegas, a Real Academia Galega, o Seminario Galego de Educación para a Paz e a Fundación Goldner.
Máis información en La Voz de Galicia, en El Correo Gallego