Kalandraka fai en “Museo do Tempo” unha proposta lúdica e literaria aos cativos en homenaxe a Michael Ende

O tempo nas mans

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Co achado dun misterioso reloxo comeza o relato de “Museo do Tempo”, unha obra editada en castelán e en portugués por Kalandraka que xurde do proxecto escolar “Percursos”, organizado polo Centro Cultural de Belem (Portugal) e cofinanciado pola Unión Europea. Nesta obra dos autores de “Artefactes”, galardoada co Premio Nacional de Edición 2003, homenaxease ao escritor Michael Ende e a súa obra “Momo”. Seguindo o esquema de “Artefactes”, na que se invitaba ao lector a continuar unha historia a partir dunha sinxela bóla de papel, en “Museo do Tempo” aos cativos propónselles escoller un obxecto de especial e enterralo nalgún punto estratéxico. O obxectivo é múltiple: afondar na busca da propia identidade, fomentar a súa implicación no entorno que os rodea e inculcarlles o aprecio polos clásicos da literatura.

Máis información na editorial Kalandraka

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Kalandraka, Portugués, Clásicos, Identidade...