Rivas presenta na revista portuguesa Periférica un adianto da novela que publicará en xuño

Unha do Oeste

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A revista lusa de cultura Periférica publica no seu último número un fragmento da vindeira novela de Manuel Rivas “Oeste”. A obra de Rivas publicarase o 15 de xuño por Edicións Xerais e posteriormente será traducida a outras linguas. En declaracións ao xornal El Progreso Rivas adiantou que “Oeste” é unha historia ambientada na Coruña e que parte dos anos 60 en adiante con retrocesos ao comezo da guerra civil e nela “todo xira en torno á idea do oeste como embarcadoiro”. O escritor tamén dixo estar aínda traballando na obra para rematala no mes de maio.

Máis información na edición de hoxe de El Progreso
e na ficha en Lg3 de Manuel Rivas

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Rivas, El Progreso, Guerra Civil, Culturagalega...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares