A Deputación da Coruña destinará 1.5 millóns de euros á rede cultural

As redes da cultura

15/3/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Alén da rede de teatros e auditorios do IGAEM, a provincia da Coruña ten a súa propia rede cultural. Trátase dun circuíto financiado pola deputación para actuacións musicais (bandas de gaita, rondallas, tunas, música clásica, folk... en resumidas contas, todas as asociacións musicais non profesionais) e espectáculos de teatro. A deputación vén de anunciar o orzamento de finamento da rede para este ano que ascende a 1.5 millóns de euros e na que participarán uns 536 grupos e 375 profesionais.

Máis información en La Opinión e en El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Deputación da Coruña, Asociacións, Folk...