O tramo Pontevedra-Vigo inicia a quinta edición do Tren da lingua

A lingua viaxa en tren

22/2/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
A Consellería de Educación, Renfe e Caixanova traballan xuntas na quinta edición do Tren da Lingua. Unha iniciativa que pretende converterse nun foro para promover o uso do idioma entre os nenos de 5 e 8 anos. O tren botou a andar onte en Vigo co traxecto que une a cidade olívica con Pontevedra levando a uns douscentos escolares. Ata o 15 de xuño, o tren realizará 60 viaxes e chegará a 12.000 alumnos. No traxecto os escolares gozarán dunha obra de teatro en galego (“Ana e o tren máxico”), dun entremés e dunha serie de xogos e obxectos didácticos relacionados co uso da lingua.

Máis información en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Vigo, Educación, Teatro...