Estáncase o crecemento do alumnado inmigrante

Cousas da educación

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Por primeira vez en cinco anos, o número de inmigrantes que se matriculan nos centros de ensino sufriu un parón. Segundo publica La Voz de Galicia dos 2.592 mozos matriculados no curso 2000-2001 pasouse a 179 neste curso. Aínda que os expertos consultados polo xornal certifican que é unha situación puntual e que o ano que vén se volverá disparar a cifra, a Xunta xa conta cun plan para atender esta demanda. Un feito que se centra sobre todo en profesorado de apoio para equiparar o desfasamento curricular e o idioma. Por outra banda, o noso sistema educativo leva desde 1999 adiantando o inicio do ensino doutros idiomas (preferentemente inglés) nos centros escolares. De feito, a día de hoxe 50.000 alumnos comezan a estudar inglés aos catro anos.

Máis información sobre o alumnado inmigrante en La Voz de Galicia e sobre o ensino de idiomas en El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
14 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ensino, La Voz de Galicia, Educación, El Correo Gallego

Claves

Conceptos
Lugares