Carlos Blanco e Roberto Sánchez “Luna” completan o cásting de “Cargo” mentres que Luís Zahera será Pereira en Alatriste

Traballo dentro e fóra

17/2/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: espectaculos
26 lecturas | Compartido 0 veces
A canteira de actores continúa en racha. A longametraxe “Cargo” que coproduce Vacafilms (achega un 30% do capital) vén de completar a súa nómina de actores. Aos xa coñecidos Luís Tosar, Daniel Bruhl (que saíu en “Goodbye Lenin”) e Peter Mullan (actor en “Braveheart” e “Trainspotting”) veñen de sumarse os galegos Carlos Blanco e Roberto Sánchez “Luna” ( “Coruña Imposible”, “Secuestrados en Xeorxia”). Quen non puido formar parte desta tripulación foi Luís Zahera que renunciou a facer un papel en “Cargo” para facer de Pereira, un dos membros da cuadrilla do personaxe creado por Pérez Reverte. “Alatriste” será dirixido por Agustín Días Yanes (Madrid, 1950).

Máis información nas fichas de Carlos Blanco, Roberto Sánchez “Luna” e Luís Zahera


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carlos Blanco, Culturagalega, AVG, Luís Tosar...

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares