A Real Filharmonía busca patrocinadores para facer unha xira por sudamérica

O peto dos coros

3/2/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Non é exactamente unha nova etapa, aínda que indica un cambio de dirección. A Real Filharmonía de Galicia aproveitou a presentación dun dos concertos da súa temporada de abono para comunicar saídas a Madrid e Barcelona. Ademais, entre os seus proxectos figura a realización dunha xira por Sudamérica, unha saída para a que está a buscar patrocinadores. Boa parte deste cambio de actitude ten un nome propio: é o de Oriol Roch, o novo director técnico da orquestra. Polo pronto, a orquestra presenta hoxe no Auditorio “O mencer dos soños” a obra do compositor galego Xavier Paz.

Máis información en La Voz de Galicia e El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sudamérica, El Correo Gallego, Real Filharmonía de Galicia, La Voz de Galicia...