A enquisa da CIG-Ensino revela que os profesores galegos reclaman máis persoal e adaptar as materias á realidade galega

O pulso da docencia

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
Máis de oito mil douscentos docentes foron consultados na enquisa que a sección de Ensino da Confederación Intersindical Galega realizou para coñecer a situación deste sector. Entre os resultados, destacou a reclamación de máis persoal que fai a maior parte destes profesionais (case o 97% dos enquisados), o incremento da atención individualizada aos alumnos (case o 91%) ou que os contidos educativos deben ter unha maior adecuación á realidade do país (segundo opina máis do 89% dos docentes). O sindicato sinala que os datos destes estudo relacionan o fracaso escolar coa falta de recursos.

Máis información en Galicia Hoxe e en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
21 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ensino, CIG, Galicia Hoxe, La Voz de Galicia

Claves

Lugares