A galega Mara Collazo candidata ao Óscar pola maquillaxe de Mar Adentro

Maquillaxe para Óscar

26/1/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
A historia de Ramón Sampedro chega a Hollywood pola porta grande. O filme dirixido por Alejandro Amenábar é candidato aos premios da academia por partida doble: como mellor filme estranxeiro e como mellor maquillaxe. Foi esta última a candidatura máis inesperada e que levará a unha galega, Mara Collazo, á alfombra vermella pola que se paseará o máis destacado da cinematografía mundial. Aínda que o nome de Mara non figura na web da academia americana é unha dos catro maquilladores de “Mar adentro” que contan co convite para asitir á gala que terá lugar o 27 de febreiro.

Máis información en La Voz de Galicia e sobre Mara Collazo na súa ficha en AVG

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con AVG, Culturagalega, Ramón Sampedro, La Voz de Galicia...

Claves

Protagonistas
Lugares