O Consello da Cultura presenta un volume que recompila as sinalizacións empregadas polos romanos

Indicacións pétreas

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Antonio Rodríguez Colmenero, Santiago Ferrer Sierra e Rubén Darío Álvarez Asorey traballaron xuntos para presentar “Miliarios e outras inscricións viarias do Noroeste Hispánico (conventos bracarense, lucense e asturicense)”. Un volume que localiza, cataloga e transcribe os miliarios, é dicir, os monumentos de pedra cos que os romanos balizaban e sinalaban os seus trazados. Este documento editado pola Sección de Patrimonio Histórico do Consello da Cultura Galega preséntase hoxe 20 de xaneiro, ás 17:00 horas no salón de actos da institución e mañá ás 12:00 horas, na Universidade de Braga (en Portugal).

Máis información no web do Consello da Cultura

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Asorey, Consello da Cultura Galega, Portugal, Braga

Claves

Protagonistas
Lugares