Pérez Varela alindase cos responsables das autonomías do PP en contra da devolución do Arquivo de Salamanca

Os arquivos non arquivan

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
A titular de cultura de Castela e León convocou aos responsables das autonomías populares para establecer unha fronte común contra a devolución do Arquivo de Salamanca. Ata Salamanca desprazáronse responsables de todas estas comunidades máis Ceuta e Melilla que asinaron un documento opoñéndose ao traspaso a Cataluña de documentos custodiados no Arquivo da Guerra Civil que está en Salamanca. Xesús Pérez Varela foi en representación do goberno galego e alí asegurou que “a devolución non ten ningún fundamento xurídico” e que vai “contra todas as normas establecidas a nivel mundial”. Mentras, hoxe o goberno chegou a un acordo con CIU, ERC e IU para decidir sobre o futuro dese arquivo.

Máis información sobre o acordo e sobre a sinatura en El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Salamanca, Xesús Pérez Varela, Guerra Civil, El Correo Gallego...