Unha xueza determina que unha festa popular de Vigo non ten que pagar o canon á SGAE

A SGAE faise popular

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
A comisión de festas de Liñares acaba de gañarlle o pleito á SGAE que lle reclamaba 2.144 euros pola organización das festas parroquiais. O xuzgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo acaba de fallar a favor da comisión de festas entendendo que os veciños non poden ser tratados como calquera sociedade anónima xa que carecen de ánimo de lucro. Polo demais, o tribunal considera que a SGAE xa ingresa os dereitos de autor a través das orquestras, polo que non podería cobrarlle ás comisións polo mesmo concepto. A SGAE xa anunciou que recorrerá o fallo por consideralo “ilóxico e incosistente”.

Máis información en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con SGAE, Vigo, La Voz de Galicia

Claves

Lugares