A Xunta e o Goberno asinan un convenio para a construción dun parque arqueolóxico

800.000 castrexos

En febreiro de 2002 a Comisión Mixta para actuación conxuntas no Patrimonio Histórico Español asinou un acordo para subvencionar o 50% da construción do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa en San Cibrás de Las. Máis de dous anos despois, o conselleiro de cultura, Jesús Pérez Varela e a ministra de Fomento, Magdalena Álvarezveñen de asinar en Madrid un convenio co que entrega unha parte do necesario para custear o proxecto. Nesta ocasión Fomento destinará 800.000 euros para construír un Centro de Interpretación de 2.600 metros cadrados. Este proxecto, que ten un custe total de cinco millóns, forma parte da Rede Galega de Patrimonio Arqueolóxico.

Máis información en La Voz de Galicia