O actor Xavier Veiga presenta un espectáculo baseado en textos de Valle-Inclán e de Ánxel Fole

Valle, Fole, Veiga

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
"Ao carón do lume" é o título do espectáculo que o actor Xavier Veiga presentou onte en Vigo. Trátase dunha adaptación escénica de textos de Ánxel Fole e de Valle-Inclán que pretende recuperar historias orais da sociedade tradicional contadas no marco do pazo Quiñones de León de Vigo co acompañamento do acordeonista Daniel Cívico. Esta proposta fai parte dun proxecto do Concello de Vigo, que prevé repetir unha actuación semellante cada ano para dinamizar este espazo cultural.

Máis información en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
19 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Espectáculo, Concello de Vigo, La Voz de Galicia, León...