A candidatura da Torre de Hércules a Patrimonio da Humanidade alcanza cincuenta mil sinaturas de apoio

Unha torre de sinaturas

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Cincuenta mil persoas de todo o mundo asinaron xa para solicitar que a Torre de Hércules opte ao título de Patrimonio da Humanidade. O Instituto Torre de Hércules, encargado de desenvolver esta iniciativa, destacou que os apoios chegaron de todo o mundo de forma física, sen que haxa ningunha sinatura electrónica. O Instituto apuntou que conta tamén cun amplo dosier sobre o tema que comezará agora a distribuír entre diferentes entidades para conseguir o seu apoio. Esta institución conta con que para o 2010 a torre poida recibir o ansiado título, aínda que polo de agora o Estado Español ten conxelada a concesión do mesmo a novos monumentos.

Máis información en La Opinión; máis sobre patrimonio da humanidade nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Torre, Patrimonio da Humanidade, Torre de Hércules, La Opinión...