O padroado do Parque Nacional das Illas Atlánticas anuncia a futura expansión da zona protexida

Máis parque

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:
O presidente do padroado que rexe o Parque Nacional das Illas Atlánticas, Carlos del Álamo, anunciou que se está a estudar polo miúdo a inclusión de novos territorios "tanto marítimos como terrestres" na área protexida. A ampliación do parque tratouse na xuntanza que mantivo onte o padroado en Pontevedra, e Del Alamo explicou que a ampliación dos parques realízase logo de consolidar a protección dos territorios iniciais, un proceso que no caso das illas viuse afectado pola catástrofe do Prestige. O presidente do padroado non anunciou cales serán os novos territorios a protexer, aínda que tanto as reclamacións dos ecoloxistas coma as propostas do Ministerio de Medio Ambiente apuntaban á inclusión de zonas destacadas da Costa da Morte, a península do Grove e o Cabo Udra no Morrazo.

Máis información en La Voz de Galicia; máis sobre o parque nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Prestige, Morte, Culturagalega, La Voz de Galicia...