Boa parte do que un xornal evidencia está precisamente no que non se le, na súa apariencia. Sobre esta premisa planaron as conferencias da primeira sesión do congreso O mellor do deseño xornalístico España-Portugal que organiza La Voz de Galicia en Coruña. Na xornada de hoxe estarán os xornalistas que formaron o equipo que deseñou El País, maqueta que revolucionou a prensa en 1976; ademais, hoxe abordarase a evolución dos suplementos, como elementos que outorgan unha maior flexibilidade en canto ao deseño. Pero haberá outra nova cita cos congresos xornalísticos os vindeiros 29 e 30 deste mes.Trátase do Congreso iberoamericano de periodismo dixital que organiza o grupo de investigación da Facultade de Ciencias da Comunicación, Novos Medios. Un congreso que ten aberto até o día 25 de novembro o prazo de inscrición.
Máis información sobre o congreso ÑH en La Voz de Galicia e sobre do congreso de periodismo dixital no seu web