A alta participación acrecenta a expectación ante o premio Torrente Ballester

Xa chega o Torrente

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Máis de medio milleiro de obras chegadas desde vinteoito países presentáronse á décimo sexta edición do premio Torrente Ballester que se desvela esta mércores. A obra gañadora do premio, que está dotado con vintecinco mil euros e a publicación da obra, coñecerase no transcorrer dun acto que se celebrará na sede da Deputación da Coruña e será o presidente desta institución, Salvador Fernández Moreda, quen diga cal dos 559 orixinais presentados foi o elixido polo xurado, formado por representantes do mundo da literatura. O galardón recaeu o pasado ano 2003 na obra “As humanas proporcións”, de Xesús Constenla.

Máis información en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, La Voz de Galicia, Deputación da Coruña, Gonzalo Torrente Ballester