No número 33 da Rúa Nova de 1846 naceu en Santiago Antonio Machado e Álvarez, quen sería o pai de Antonio e Manuel Machado, os escritores máis destacados da Xeración do 98. A súa partida de nacemento foi encontrada no Arquivo Histórico Diocesano e isto posibilitou que o Concello de Santiago e unha delegación sevillana (constituída polo goberno local e a Fundación Machado) abran unha investigación para afondar neste feito que relaciona aos Machado co galego e con Murguía e Pardo Bazán. E de casas tamén fala o Diario de Ferrol que hoxe publica que o Concello non mercará a casa natal de Ricardo Carvalho Calero logo de que vencera o prazo do crédito co Instituto Galego de Vivenda e Solo para mercar o edificio.
Máis información en El Correo Gallego e o Diario de Ferrol