O Premio Esquío prepara o acto de entrega da súa vixésimo cuarta edición cunha semana de actos literarios

Esquío de sete días

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Aínda que será o vindeiro venres á noite cando se coñeza o nome dos gañadores da vixésimo cuarta edición do Premio Esquío de poesía, Ferrol acolle ao longo de toda esta semana unha serie de actos vencellados á convocatoria. Deste xeito, onte foi Luís García Tosar quen lembrou a súa iniciación na poesía, mentres que hoxe Javier Lostalé falará sobre literatura e radio e o xoves Marilar Aleixandre fará as súas “Confesións dunha ebria de tinta”. Finalmente, o día un de outubro, no transcurso dunha cea no Parador de Turismo de Ferrol, saberase o nome dos gañadores dun dos premios de poesía máis importantes que existen no país, como proban os 216 traballos que se presentaron a esta edición.

Máis información en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Ferrol, Marilar Aleixandre, Literatura...

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares