O festival Reperkusión 04 achega a Allariz a música e as culturas de distintas partes do mundo

Allariz reperkute

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
A vila de Allariz convértese esta fin de semana nun escenario multicultural. Música na rúa, concertos, proxeccións de cinema, malabares e obradoiros son algunhas das propostas deste evento. Ademais do concerto de Macaco, o encontro reúne varias escolas de samba brasileira, o grupo de batucada galego Trópico de Grelos e un escenario para que os artistas de rúa que se acerquen ao lugar poidan actuar libremente. Unha xornada gastronómica dedicada a Brasil e exposicións artísticas completan un programa multidisciplinar.

Máis información en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Allariz, Brasil, Exposicións, Escolas...

Claves

Entidades
Lugares