España pide oficialmente o recoñecemento do galego como idioma oficial na UE

España aposta polo euro-galego

14/9/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Como xa se anunciara como posibilidade en xullo o Goberno pediu formalmente o recoñecemento do galego como lingua oficial na UE. O ministro de Exteriores, Miguel Ángel Moratinos, enviou dúas cartas neste sentido á presidencia de quenda holandesa e á Comisión Europea. Na petición española tamén están contemplados o catalán, éuscaro e valenciano. A petición únese e fai forza coa de Irlanda para o recoñecemento do gaélico e conta coa oposición de Francia, que non quere que no seu territorio se abran debates semellantes.

Máis información en La Voz de Galicia;
o noso tema sobre a normalización do uso oficial do galego

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Comisión Europea, Culturagalega, La Voz de Galicia, Irlanda...