O Museo do Mar adía a creación da súa mostra permanente para o 2005 mentres celebra o éxito da exposición “Até o confín do mundo”

Mar permanente para o 2005

A agardada exposición permanente do Museo do Mar, que estaba xa prevista para este verán, non verá a luz até o vindeiro ano 2005, segundo anunciou onte o director do centro, Pablo Carrera. A presentación do catálogo da actual mostra “Até o confín do mundo: diálogos entre Santiago e o mar”, que leva un mes aberta, serviu para dar a coñecer as cifras de visitantes, que roldan os 2.600. Carrera apuntou que o museo sufrirá a partir de finais de setembro unha serie de obras para acondicionar as instalacións de cara a acoller a mostra permanente.

Máis información na edición de hoxe de Faro de Vigo; en La Voz de Galicia; sobre actual mostra no web do Concello de Vigo; o anuncio da exposición permanente nesta noticia;