Dez mil alumnos comezan hoxe a selectividade para entrar no sistema universitario galego

A hora do exame

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A temida selectividade xa está aquí. Dez mil escolares examínanse desde hoxe e até o venres en toda Galicia para poder entrar no sistema universitario galego (repartido en tres universidades e sete campus). A oferta universitaria este ano consta de 155 titulacións (96 delas diferentes). As calificacións provisionais daranse a coñecer o vindeiro 29 de xuño. Unha vez superada a proba, e para achegarse ao nivel universitario, a Universidade de Santiago dará clases de apoio. Son as chamadas “aulas de nivel cero” que levan impartíndose tres anos e que este ano comezarán na primeira quincena de setembro non no primeiro cuatrimestre como era o habitual.

Máis información en La Voz de Galicia e en El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con El Correo Gallego, La Voz de Galicia