No trimestre final deste ano comezará en Ferrol o I Curso de Narrativa Torrente Ballester, que pretende afondar nos métodos e técnicas de narración literaria a través de conferencias e mesas redondas nas que participarán escritores e estudosos da literatura. Entre os convocados por esta iniciativa estarán, entre outros, Manuel Rivas, José Saramago, Rosa Montero, Juan José Millás, VÃctor F. Freixanes e Antonio Pereira. O curso, organizado polo Concello e dirixido por José Antonio Ponte Far, preséntase como unha actividade aberta que se desenvolverá nos xoves e venres da primeira e última semana de cada mes.
Máis información en La Opinión