Concentracións por todo o país mobilizan a xente para ver o tránsito de Venus sobre o sol

A ollada de Venus

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O histórico tránsito de Venus diante do Sol, que se produce hoxe por primeira vez en cento vinte e dous anos, está a mobilizar curiosos e afeccionados á Astronomía en todo o país. Deste xeito, en Compostela o observatorio da Universidade abrirá as súas portas esta noite para que os interesados poidan ver este estraño fenómeno. Tamén en Coruña, a Agrupación Astronómica organiza dúas observacións desde o parque de Santa Margarida e desde Montesalgueiro. Mentres, en Pontevedra, os interesados danse cita na Xunqueira do Alba para seguir o movemento dos astros.

Máis información sobre a observación en Compostela en El Correo Gallego; sobre as iniciativas na Coruña en La Opinión; sobre a observación en Pontevedra en Diario de Pontevedra ; recomendacións para a observación en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
11 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Diario de Pontevedra, La Opinión, El Correo Gallego, La Voz de Galicia...