O mundo do audiovisual dáse cita esta noite na presentación dos candidatos aos premios Mestre Mateo

Coñecer os mestres

4/6/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
A Sala Capitol de Compostela acollerá a gala na que se entregarán as candidaturas aos Mestre Mateo correspondentes ás producións do ano 2003. Entre os favoritos, filmes coma "O lapis do carpinteiro", "Blanca Madison", "O agasallo de Silvia" e "Trece Badaladas", que acumulan o maior número de mencións. Na categoría de mellor produción multimedia, o soportal AVG de Culturagalega.org compite con Caixa On de Dygrafilms S.L, European World Heritage de Tres Deseos Animación S.L e Marcovigo.com de Interacción. Que gañen os mellores.

Máis información na nosa listaxe dos candidatos, nas nosas noticias sobre as candidaturas e sobre as produccións multimedia que compiten; visita tamén AVG

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Culturagalega, AVG, Premios Mestre Mateo, Animación...