Trinta especialistas participarán na mesa sectorial do libro mentres un debate no Consello da Cultura analiza a importancia estratéxica deste sector

Mesas de follas

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A directora xeral de Promoción Cultural, María del Carmen García Campelo anunciou onte, no transcurso dos Diálogos Culturais de Mariñán, a creación da mesa sectorial do libro á que se convidarán trinta persoas do sector. Esta mesa colaborará coa Xunta na elaboración da futura Lei do Libro e nas medidas para apoiar o sector. Por outra banda, baixo o título “O libro galego, unha necesidade estratéxica”, o Consello da Cultura Galega organizou onte un debate entre editores, escritores, políticos e comerciais para analizar a situación do mundo do libro. Neste encontro apuntáronse como problemas destacados o baixo índice da lectura, a pouca promoción das obras, o exceso de editoras ou a pouca calidade das obras, entre outros factores.

Máis información sobre a mesa sectorial en La Voz de Galicia; sobre o debate do Consello da Cultura en Galicia Hoxe e en Lg3; sobre a Lei do Libro nesta noticia

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lei do Libro, Culturagalega, Editores, Escritores...