O centenario da descuberta do Cancioneiro de Ajuda, peza central da nosa lÃrica medieval, foi a escusa para organizar o ‘Congreso Internacional Cancioneiro de Ajuda, cen anos despoisÂ’ que comezou onte en Compostela. Este encontro, que continua hoxe na Illa de San Simón, reúne expertos de todo o mundo que analizan diferentes aspectos poesÃa da nosa Idade Media. Case simultaneamente, o PEN Clube convoca para esta fin de semana escritores de todo o paÃs para falar sobre a interrelación das culturas occitana e galega. Neste encontro homenaxearanse os poetas galegos Ramón Cabanillas e Fiz Vergara Vilariño e o dramaturgo occitano Carles Galtier.
Máis información do congreso sobre o cancioneiro en El Correo Gallego e en La Voz de Galicia; do encontro sobre Occitania en Galicia Hoxe