Galicia ocupa o sétimo lugar de edición de libros do estado aínda diminúen as tiraxes das obras

Os números da páxina

Aínda que só o dous por cento das obras editadas no Estado están en galego, o noso país ocupa o sétimo posto de edición do estado, segundo revelan os datos do Instituto Nacional de Estatística publicados onte. Estes datos apuntan ademais que continúa o descenso nas tiraxes de cada obra, que se no 2002 eran dunha media de 3.423 exemplares, no ano pasado baixaran até os 3.314, pola contra o número de obras editadas no país incrementouse até alcanzar os 2.373 títulos.

Máis información en Galicia Hoxe; en La Voz de Galicia; e no web do INE