O Día do Libro será unha data clave na protesta contra o pago por préstamo nas bibliotecas

Día do Libro en préstamo

21/4/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
As bibliotecas públicas seguen na súa loita contra a implantación do canon por préstamo que pretende a UE e fan do Día do Libro unha data significativa da súa protesta. As bibliotecas municipais da Coruña manteñen esta semana unha campaña que terá como eixo fundamental o venres 23, en que difundirán as accións que propoñen contra a medida impositiva. Os centros herculinos, que no ano 2003 prestaron a máis dun millón de servizos a usuarios, entregará o manifesto do colectivo bibliotecario e lle dará lectura, ademais de difundilo en centros escolares. Ese mesmo día o persoal traballador acudirá vestido de loito aos seus postos e promoverán a sinatura do manifesto. A biblioteca pública de Marín levará a cabo actos semellantes no venres 23 convocando aos veciños a asinar na protesta contra a medida que consideran que afectaría á calidade dos seus servizos.

Máis información en La Voz de Galicia
e na nosa reportaxe sobre as protestas polo canon por préstamo

Que che parece esta nova?
22 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Día do Libro, Bibliotecas, Manifesto, Lectura...