Cartos para a etnografía

Cartos para a etnografía

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O Museo do Pobo Galego contará este ano con 180.000 euros para desenvolver as súas actividades grazas ao convenio que esta institución acaba de asinar coa Xunta de Galicia. Estes cartos destinaranse á organización das exposicións “Gravados de Camilo Otero”, “A Gandería en Galicia ó longo dos tempos”, “A terra e os homes”, e “O Hospital Real de Santiago de Compostela e a hospitalidade no Camiño da Peregrinación”. Tamén se celebrarán as V Xornadas de Cultura Popular na Escola e as IX Xornadas de Antropoloxía Cultural José Alcina Franch. Ademais de organizar diferentes actividades en homenaxe a Xoaquín Lourenzo “Xocas”, o museo abrirá este ano unha nova sala co tema “A sociedade, memoria e tradición”.

Máis información en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Etnografía, Xocas, Antropoloxía, Exposicións...