“La Voz de Galicia” e o Pen Club lembran a Carlos Casares no segundo aniversario do seu pasamento

A Voz de Casares

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Carlos Casares (1941-2002) foi, ademais de escritor, un prolífico columnista. Diariamente publicaba en “La Voz de Galicia" a súa columna titulada “Á marxe”, na que facía gala do seu talante fondamente humanista. Agora, para celebrar o seu segundo cabodano, o xornal lembra a súa figura publicando un libro no que recompila os seus cen mellores artigos. Ademais para celebrar a mesma efeméride, O Pen Club Galicia organiza o vindeiro día 26 en Xinzo de Limia un recital poético-musical protagonizado por Luís González Tosar baixo o título “Palabras para Carlos”.

Máis información sobre o libro e sobre o acto de homenaxe en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con La Voz de Galicia, Carlos Casares, Luís González Tosar, Xinzo de Limia