Inevitábel a mención á morte no repaso que fai “Anxos... de garda” dos sete dÃas da semana, pero a escritora tamén fala da inminente chegada da primavera e da vida que é o que nos da a esperanza. “Vin a primeira andoriña do ano” escrebe Anxos Sumai, “Voaba desconcertada”. As reflexións, vivencias e sentimentos da escritora conseguen conectar con todos nestes dÃas. Co vento zoando en contra do noso barco entramos no encrucillado desta semana dispostas a unha travesÃa irregular polo mar das palabras.