A publicación de vinte mil artigos sitúa á Galicia na quinta autonomía en produción científica relevante

Ciencia cinco

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O Institute for Scientific Information (ISI) con base en Filadelfia recolle nunha base de datos a totalidade da produción científica mundial. E en función dos datos extraídos desa base, La Voz de Galicia publicou este domingo que Galicia está no grupo de cabeza de produción científica española. A afirmación baséase no número de artigos publicados nas revistas nacionais e internacionais e nas veces que esa información se referencia nos traballos doutros profesores. Ese mesmo xornal publica que o inglés é a gran materia pendente dos científicos galegos xa que lle impide publicar en revistas especializadas e defender as súas ideas en congresos internacionais.

Máis información enLa Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con La Voz de Galicia, Ciencia

Claves

Entidades
Conceptos