fin de semana 27/02

| Do venres 27 até o domingo 29 de febreiro de 2004 | Seccións:
Compartir:

Despois duns días de entroido Anxos Sumai queda pensando sobre o tempo e declárase “colgada como Harold Lloyd, das agullas dun reloxo”. A escritora reflexiona sobre o “tempus fugit” e pensa nas súas obsesións ao respecto “no tempo pequeno que tardo en comer unha mazá, no tempo grande que tardou a auga en furar covas no granito do Ézaro”. En “Anxos... de garda” volvemos encontrar esta semana un anaco de literatura en sete partes que falan das cousas cotiás, que non están faltas de profundidade. O pasatempo deseñado por Paulino Novo ten tamén moito fondo, cheo de palabras, definicións, nomes e letras que conforman un entretido encrucillado.

Que che parece esta nova?
21 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

fin de semana 05/03

fin de semana 02/01

fin de semana 29/08

fin de semana 25/10

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Anxos Sumai, Literatura, Entroido

Claves

Protagonistas
Conceptos