Ourense homenaxea a Cid Rumbao, o último cronista oficial da cidade

Historia dunha cidade

O último cronista oficial da cidade de Ourense, Cid Rumbao, falecido hai agora un ano, recibiu onte o recoñecemento da súa cidade coa declaración de fillo adoptivo e varios actos de homenaxe.

Actos




O primeiro aniversario da morte de Alfredo Cid Rumbao, cronista oficial de ourense, motivou a súa declaración como fillo adoptivo da cidade. Ademais, celebrouse unha misa na súa honra e unha ofrenda floral na súa tumba, actos que rematron co descubrimento dunha placa conmemorativa na casa onde viviu. Durante os actos, un dos fillos do falecido cronista dedicou unhas palabras á memoria do seu pai na que non esqueceu unha crítica ó retraso na prometida publicación da obra do seu pai por parte do Concello.











Obras




O Concello afirmou onte a súa intención de publicar a Hitoria de Ourense, unha monumental obra de doce volumes que recolle as investigacións de Cid sobre a cidade e que permanece inédita. Varios dos participantes no acto, coma o presidente do Ateneo ourensán Anselmo López Morais ou o historiador Enrique Bande destacaron a súa importancia como historiador e o seu destacado labor de recuperación documental.






Biografía

Cid Rumbao, viña desenvolvendo o cargo honorario de cronista oficial de Ourense desde 1979, cando substituíu a Otero Pedrayo. Xa desde 1949 ocupaba o mesmo cargo na Vila de Allariz. Ente a súa obra, e ademais da monumental "Historia de Ourense", realizou unha guía turística da provincia amplamente documentada e varios traballos sobre difetentes mosteiros ourensáns.