Os autores galegos están ausentes da programación e a Real Filharmonía é a formación que interpreta a menos compositores estatais

A importancia de chamarse Mozart

A Real Filharmonía era noticia onte pola renovación do seu director, Antoni Ros Marbá, e porque conseguía máis autonomía administrativa para a formación. E hoxe é noticia porque, segundo un informe que elabora a Fundación Autor (dependente da SXAE) é a orquestra estatal que menos música española interpreta, un 8.5%. Moito máis alto, un 16.2% da programación é a porcentaxe de composicións de autores patrios que interpreta a Orquestra Sinfónica de Galicia (que ronda a media que está no 16.4%). O informe titúlase "O repertorio das orquestras sinfónicas en España" e analizou a actividades de 22 formacións españolas durante cinco temporadas.



Máis información en
La Voz de Galicia