O concello de Ferrol desenvolverá un proxecto de recuperación turística e cultural para o contorno de San Felipe

San Felipe da Palma

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Logo da venda do Castelo da Palma para fins hostaleiros, o concello de Ferrol pretende recuperar o contorno de San Felipe. E conta facelo con cargo ao 1% que destina cada ano o Ministerio de Fomento en materia cultural. A recuperación do castelo é un punto máis dun gran proxecto turístico e cultural que recolle actuacións que van desde a construción dun sendeiro, así como o de darlle un uso público ao castelo como museo e con diferentes itinerarios, pasando pola creación dun complexo hoteleiro no contorno para aloxar aos turistas.

Consulta todas as novas relativas á venda do castelo da Palma en culturagalega.org e o proxecto sobre contorno de San Felipe no Diario de Ferrol

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelo, Concello de Ferrol, Culturagalega, Castelo da Palma...