Nunca Máis lembra a Man con música, poesía e arte en Camelle

Sempre Man

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Arredor de duascentas persoas achegáronse o sábado até Camelle para participar na homenaxe que a Plataforma Nunca Máis tributou a Man, o artista e ermitán que faleceu hai un ano en plena marea negra. Un relato da vida do desaparecido alemán, cancións bengalas, gaitas, acordeóns e flores conformaron o groso do acto, no que se reinvindicou a apertura dun centro que recolla a obra do falecido. Alén diso, púxose en marcha "A libreta de Man", un caderno que circulará por todo o país e no que os interesados poderán deixar a súas reflexións e ideas, conmemorando os cadernos que o propio Man daba aos seus visitantes.

Máis información no web de Nunca Máis

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía

Claves

Conceptos